Sara Mur e Joaquim Clusa

Sara Mur/Joaquim Clusa
Documento adxunto: ESTRATÈGIES I POLÍTIQUES PER A GESTIONAR LA BAIXA DENSITAT.
Os economistas Sara Mur e Joaquim Clusa iniciaron a súa colaboración profesional en Valencia no ano 1985 no Estudo Económico -Financeiro da Revisión do Plan Xeral de 1988. Dende entón, hai 21 anos, non deixaron de colaborar en proxectos e publicacións. En Xullo de 2004 crearon en Valencia, Mur&Clusa Associats SL, despois dunha traxectoria profesional dilatada de cada un nos campos do urbanismo, a facenda e administración pública, a práctica profesional libre e o ensino.
Sara Mur no Concello de Valencia, Generalitat Valenciana, Consell Metropolitano del Horta e Entidade Metropolitana do Ciclo da Auga de Valencia. Joaquim Clusa na Corporación Metropolitana de Barcelona, Ministerio da Vivenda de Madrid, Mancomunidade de Municipios da Área Metropolitana de Barcelona e Barcelona Rexional. Agència Metropolitana d'Infraestructures i Desenvolupament Urbanístic S.A. As principais liñas de traballo son: os estudos de viabilidade económica do desenvolvemento urbano, plans urbanísticos, estudos territoriais e facendas municipais.
Desde 2001 a 2003, Sara Mur como profesora asociada e Joaquim Clusa como investigador, colaboraron no Centre de Política de Sòl i Valoracions de la Universitat Politècnica de Barcelona, co-dirixindo máis de 20 proxectos en San Sebastián, Barcelona, Huesca ou Vigo.
Dende a súa constitución en 2004, Mur&Clusa Associats desenvolveu máis de 50 proxectos) en Valencia, Euskadi, Galizia, Aragón, Catalunya, Arxentina, Colombia e USA.
Imparten en Cursos de Postgrao nas Universidades Politécnicas de Valencia e de Catalunya e no FUNDICOT de Madrid. Nos últimos anos publicaron en diversas revistas especializadas en urbanismo e economía.

Fernando Roch

Fernando Roch Peña
Documento adxunto: LOS ADOSADOS SON LUGARES SIN FUTURO
Arquitecto pola Escola Técnica Superior de Arquitectura de Madrid (ETSAM) e Doutor en Arquitectura pola Universidade Politécnica de Madrid. É membro do Instituto de Urbanística da Universidade de Valladolid, e do Seminario de Plan e Ordenación do Territorio do Instituto Juan de Herrera da Universidade Politécnica de Madrid. Catedrático de Urbanismo na ETSAM, dirixíu o Máster en Planeamento Urbano da ETSAM entre 2004-5 e 2006-7. Alumno do Institut d´Urbanisme de Paris.
Traballou en diversos postos na Administración Pública da que é funcionario do seu corpo técnico e participou en numerosos traballos de Planeamento Urbano en todas as escalas.
Profesor, director ou coordinador en bo número de cursos de postgrao e de doutorado en España e Latinoamérica. Desenvolve preferentemente o seu labor de investigación nos campos da produción da cidade, a morfoloxía urbana e a transformación dos seus espazos históricos. Publicou varios libros e numerosos traballos en prensa e revistas especializadas. Actualmente dirixe a revista Urban.

Antoni Sorolla

Arquitecto urbanista dende outubro de 1987. Dende 1988 ata 1995 realizou e colaborou en diversos traballos de urbanismo para a Administración pública municipal en municipios do ámbito metropolitano de Barcelona como Sabadell (Redacción do Plan Xeral de Ordenación Municipal), Mura, Santa Perpetua de Mogoda, Arenys de Mar, Sant Vicenç de Castellet,...
De 1995 a 1999 foi Tenente de Alcalde de Urbanismo do Concello de Sabadell, e como tal, e entre outros, Presidente da Área do Territorio, Presidente delegado do Instituto Municipal de Desenvolvemento Estratéxico de Sabadell (IDES), Vicepresidente do Consorcio Urbanístico de "L'Eix Macià", Vicepresidente executivo da empresa Vivendas Municipais de Sabadell (VIMUSA) e Presidente do Organismo Especial de Xestión para o Desenvolvemento do novo barrio de Can Llong. Durante este período, foi vogal da Comisión de Urbanismo e Vivenda da Federación de Municipios de Cataluña, membro do Consello Asesor da Vivenda da Generalitat de Cataluña e membro do Comité Asesor do Centro Técnico e de Cooperación para a Rehabilitación de Vivendas da Generalitat de Cataluña.
Dende xaneiro do 2000 ata febreiro do 2004, ocupou o cargo de Director de Actuación Urbanística do Concello de Barcelona e tivo ao seu cargo a dirección da tramitación de licenzas de obras e actividades, a disciplina urbanística, a protección do catálogo de patrimonio arquitectónico e o plan urbanístico de desenvolvemento.
Dende febreiro de 2004 ata setembro do 2007 ocupou o cargo de Xerente do Padroado Municipal da Vivenda do Concello de Barcelona (PMHB) e, como tal, foi membro do Consorcio da Vivenda de Barcelona e membro da Comisión Executiva da Asociación de Promotores Públicos de Solo e Vivenda de España.
Dende xuño do 2007, é Delegado de Vivenda e membro da Comisión de Goberno do Concello de Barcelona e, como tal, o máximo responsable das políticas de Vivenda da cidade. É Conselleiro Delegado do Instituto Municipal de Urbanismo e do Instituto da Paisaxe Urbana e Calidade de Vida, vicepresidente da empresa Municipal Barcelona Xestión Urbanística (BAGURSA) i membro de diversos Institutos e empresas d ámbito municipal, entre os que cabe destacar o Padroado Municipal de La Vivienda (PMHB). É membro da Comisión Permanente do Consorcio da Vivenda de Barcelona e presidente do Consello de Vivenda Social de Barcelona. É tamén membro da Comisión Permanente do Grupo de Vivenda da Federación de Municipios de Cataluña.
Foi relator en diversas conferencias, cursos e seminarios e participou en varios debates sobre diversos aspectos de urbanismo, política municipal e vivenda. Foi profesor invitado da Universidade Politécnica de Barcelona (UPC), da Universidade Autónoma de Barcelona (UAB) e da Universidade de Barcelona (UB).

Javier Burón

Licenciouse en Dereito na Universidade de Deusto en 1993, na especialidade xurídico-económica. Conta co Master en Asesoría Fiscal do Instituto de Estudios Fiscales da Universidade de Deusto e co Master Business Adminstration do Instituto de Economía Aplicada a la Empresa da Universidade do País Vasco  (UPV – EHU). Foi doctorando no Programa “Constitución y Unión Europea”, que dirixe o Departamento de Dereito Constitucional da Universidade do País Vasco (UPV-EHU), co que obtivo a Suficiencia investigadora.
Actualmente exerce como avogado asociado de Cuatrecasas Gonçalves Pereira, na Área de Dereito Público – Euskadi, con especial dedicación aos seguintes campos do dereito público: ordenación do territorio, medio ambiente, urbanismo, vivenda, contratación pública, dereito sancionador, licenzas, dependenza, servizos sociais, dereito local, fundacións, etc. 
Entre 2003 e 2007 foi o Director de Planificación e Procesos Operativos de Vivenda do Departamento de Vivenda e Asuntos Sociais do Goberno Vasco, levando, entre outros, a dirección funcional da xestión da demanda e a adxudicación de vivenda de protección pública (Etxebide), o Servizo de atención ao cidadán en materia de vivienda libre Bizilagun, así como a proposta e xestión das liñas de axudas a particulares e comunidades de veciños en materia de rehabilitación de vivenda.
Entre 2007 e 2.009 foi Viceconselleiro de Vivenda e Asuntos Sociais no Departamento de Vivenda e Asuntos Sociais do Goberno Vasco, desde onde se encargou da supervisión e dirección da planificación e execución da política do solo, urbanismo e vivienda, promovendo a sostenibilidade como elemento orientador do desenvolvemento urbano y da arquitectura, impulsando a promoción e fomento da accesibilidade, así como a rexeneración de zonas urbanas degradadase de áreas de rehabilitación integrada.
É membro do Grupo de Estudios Ekiten – Thinking de la Universidad del País Vasco (UPV-EHU), Especialista Universitario en Ordenación y Gestión del Territorio da Universidade do País Vasco UPV-EHU e profesor nos siguientes cursos de postgrado: Políticas Públicas de Suelo y Vivienda do Master en Gestión Urbanística y Master Universitario en Gestión y Valoración Urbana da UPC (Universidad Politécnica de Catalunya ) – CPSV (Centro de Política de Suelo y Valoraciones).
Entre as publicacións recentes destacan, ademáis de diversos artigos en prensa e en publicacións especializadas en materia de dereito e urbanismo, o capítulo Las políticas de suelo y vivienda del Gobierno Vasco (2001-2008), en Las dimensiones sociales de la ciudad, editado por Victor Urrutia, Imanol Zubero, Amaia Izaola y Alberto de la Peña, Servicio Editorial de la UPV-EHU, diciembre 2009, e a participación no volume La política de Vivienda en los albores del siglo XXI: experiencias y posibilidades. Colección de Libros Formación Inmobiliaria UAM, Editor Pedro Morón Bécquer, Murcia 2005.
Desde xuño de 2006 edita o blog LEOLO ( http://leolo.blogspirit.com/ ) dedicado a todo tipo de asuntos, pero especialmente centrado na análise das políticas públicas de vivenda en España.

Teresa Taboas

Teresa Taboas Veleiro
ENTREVISTA EN GALICIAHOXE.COM (2007)
Arquitecta pola Universidade Nacional Autónoma da Cidade de México, durante os seus anos en México trabou unha gran amizade co arquitecto mexicano Luis Barragán (Premio Pritzker de Arquitectura). É Doutora en Arquitectura pola Escola Superior de Arquitectura da Coruña coa tese de doutoramento titulada “El Color en Arquitectura”, dirixida polo arquitecto César Portela Fernández-Jardón, e coa que obtivo a cualificación de Sobresaliente “Cum Laude”. Durante seis anos colaborou no estudio de César Portela Fernández-Jardòn (Premio Nacional de Arquitectura en España). Traballou como arquitecta municipal no Concello de Marín durante dous anos e en 1990 fundou “Teresa Táboas Estudio de Arquitectura S.L.”, que desenvolveu numerosos proxectos de Edificación e Urbanismo. Desempeñou varios cargos directivos: presidenta do Colexio Oficial de Arquitectos de Pontevedra (1999-2003), membro da Xunta de Goberno do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia, decana-presidenta do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia, conselleira do CSCAE (Consello Superior dos Arquitectos Españois), representante do Consello Superior de Arquitectos de España ante o CAE (Consello de Arquitectos Europeos con sede en Bruxelas) nas seguintes comisións de apoio ó Parlamento Europeo: “Taskforce for Urban Issues” e “Taskforce for Enviorment and Sustenaible Architecture”. De 2005 a 2009 foi Conselleira de Vivenda da Xunta de Galicia. Publicou os seguintes libros: El Color en Arquitectura (Edicións do Castro, 1991) e Emigración y Arquitectura (Deputación Provincial de Pontevedra, 1999). Ademais, colabora habitualmente con artigos en revistas especializadas e prensa.

Jan Bazant

Jan Bazant
ORDENACIÓN TERRITORIAL DAS PERIFERIAS URBANAS NA CIDADE DE MEXICO
Licenciouse en arquitectura polo Instituto Tecnológico y de Estudios Superiores de Monterrey no ano 1967. Conta co Diploma de especialización en Planeación Urbana do Politecnico de Milán, o Diploma de especialización en Vivienda do Bouwcentrum de Rotterdam, e o Diploma de especialización en Investigación Urbana, do Centre de Recherche d’Urbanism de París, así coma co Master de Estudios Avanzados en Diseño Urbano, Massachusetts Institute of Technology, MIT, Boston. Desde o ano 1999 é Doutor en Urbanismo pola Universidad Nacional Autónoma de México de Cidade de México.
A súa actividade profesional céntrase principalmente nos campos do planeamento urbano, do deseño urbano e da vivenda popular, áreas nas que conta con máis de 20 anos de experiencia, participando neste tempo na elaboración de relevantes proxectos urbanos como parques industriais, conxuntos de vivenda de interese social e conxuntos residenciais e turísticos;
Desde 1976 é profesor investigador titular a tempo completo da Universidad Autónoma Metropolitana, Unidad Xochimilco, na que imparte asignaturas nas licenciaturas de Planeación Territorial, Arquitectura e no Master de investigación de diseño.
As súas investigacións versan sobre deseño e desenvolvemento urbano, a expansión incontrolada en periferias urbanas e a vivenda das rentas baixas. Entre as súas últimas publicacións destacan as seguintes: Planeación urbana estratégica. Métodos y técnicas de análisis, Editorial Trillas, México, 2010 (en proceso); Hacia un desarrollo urbano sustentable. Problemas y criterios de solución, Editorial Limusa- Noriega, México, 2009; Espacios Urbanos. Historia, teoría y práctica, Editorial Limusa-Noriega, México, 2008; Viviendas progresivas: Construcción de viviendas por familias de bajos ingresos, Editorial Trillas, México,  2003; Periferias Urbanas. Expansión urbana incontrolada de bajos ingresos y su impacto sobre el medio ambiente, Editorial Trillas, México, 2001