Teresa Taboas

Teresa Taboas Veleiro
ENTREVISTA EN GALICIAHOXE.COM (2007)
Arquitecta pola Universidade Nacional Autónoma da Cidade de México, durante os seus anos en México trabou unha gran amizade co arquitecto mexicano Luis Barragán (Premio Pritzker de Arquitectura). É Doutora en Arquitectura pola Escola Superior de Arquitectura da Coruña coa tese de doutoramento titulada “El Color en Arquitectura”, dirixida polo arquitecto César Portela Fernández-Jardón, e coa que obtivo a cualificación de Sobresaliente “Cum Laude”. Durante seis anos colaborou no estudio de César Portela Fernández-Jardòn (Premio Nacional de Arquitectura en España). Traballou como arquitecta municipal no Concello de Marín durante dous anos e en 1990 fundou “Teresa Táboas Estudio de Arquitectura S.L.”, que desenvolveu numerosos proxectos de Edificación e Urbanismo. Desempeñou varios cargos directivos: presidenta do Colexio Oficial de Arquitectos de Pontevedra (1999-2003), membro da Xunta de Goberno do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia, decana-presidenta do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia, conselleira do CSCAE (Consello Superior dos Arquitectos Españois), representante do Consello Superior de Arquitectos de España ante o CAE (Consello de Arquitectos Europeos con sede en Bruxelas) nas seguintes comisións de apoio ó Parlamento Europeo: “Taskforce for Urban Issues” e “Taskforce for Enviorment and Sustenaible Architecture”. De 2005 a 2009 foi Conselleira de Vivenda da Xunta de Galicia. Publicou os seguintes libros: El Color en Arquitectura (Edicións do Castro, 1991) e Emigración y Arquitectura (Deputación Provincial de Pontevedra, 1999). Ademais, colabora habitualmente con artigos en revistas especializadas e prensa.