Arquitecto urbanista dende outubro de 1987. Dende 1988 ata 1995 realizou e colaborou en diversos traballos de urbanismo para a Administración pública municipal en municipios do ámbito metropolitano de Barcelona como Sabadell (Redacción do Plan Xeral de Ordenación Municipal), Mura, Santa Perpetua de Mogoda, Arenys de Mar, Sant Vicenç de Castellet,...
De 1995 a 1999 foi Tenente de Alcalde de Urbanismo do Concello de Sabadell, e como tal, e entre outros, Presidente da Área do Territorio, Presidente delegado do Instituto Municipal de Desenvolvemento Estratéxico de Sabadell (IDES), Vicepresidente do Consorcio Urbanístico de "L'Eix Macià", Vicepresidente executivo da empresa Vivendas Municipais de Sabadell (VIMUSA) e Presidente do Organismo Especial de Xestión para o Desenvolvemento do novo barrio de Can Llong. Durante este período, foi vogal da Comisión de Urbanismo e Vivenda da Federación de Municipios de Cataluña, membro do Consello Asesor da Vivenda da Generalitat de Cataluña e membro do Comité Asesor do Centro Técnico e de Cooperación para a Rehabilitación de Vivendas da Generalitat de Cataluña.
Dende xaneiro do 2000 ata febreiro do 2004, ocupou o cargo de Director de Actuación Urbanística do Concello de Barcelona e tivo ao seu cargo a dirección da tramitación de licenzas de obras e actividades, a disciplina urbanística, a protección do catálogo de patrimonio arquitectónico e o plan urbanístico de desenvolvemento.
Dende febreiro de 2004 ata setembro do 2007 ocupou o cargo de Xerente do Padroado Municipal da Vivenda do Concello de Barcelona (PMHB) e, como tal, foi membro do Consorcio da Vivenda de Barcelona e membro da Comisión Executiva da Asociación de Promotores Públicos de Solo e Vivenda de España.
Dende xuño do 2007, é Delegado de Vivenda e membro da Comisión de Goberno do Concello de Barcelona e, como tal, o máximo responsable das políticas de Vivenda da cidade. É Conselleiro Delegado do Instituto Municipal de Urbanismo e do Instituto da Paisaxe Urbana e Calidade de Vida, vicepresidente da empresa Municipal Barcelona Xestión Urbanística (BAGURSA) i membro de diversos Institutos e empresas d ámbito municipal, entre os que cabe destacar o Padroado Municipal de La Vivienda (PMHB). É membro da Comisión Permanente do Consorcio da Vivenda de Barcelona e presidente do Consello de Vivenda Social de Barcelona. É tamén membro da Comisión Permanente do Grupo de Vivenda da Federación de Municipios de Cataluña.
Foi relator en diversas conferencias, cursos e seminarios e participou en varios debates sobre diversos aspectos de urbanismo, política municipal e vivenda. Foi profesor invitado da Universidade Politécnica de Barcelona (UPC), da Universidade Autónoma de Barcelona (UAB) e da Universidade de Barcelona (UB).